31.8.06

Despedida e peche

...logo o salón ficou baleiro, para sempre.


... ...

Fragmento de Escola de Menciñeiros, Álvaro Cunqueiro:

Pardo era un grande xogador de lotería; pro xogaba sin xogar, que non mercaba billete nin parte. Apontaba os números. A súa teses –e téñolla ouvido máis de dúas veces- consistía no que segue: todos temos, unha vez na vida, unha lúa de sorte, isa que os negros de campo en Cuba chamaban ¨la pomposa¨; pódese saber cando ven isa lúa. Pardo das Pontes seguía a súa pola lotería; escribía un número e iba ver á lista si viña premiado ou non; en sete anos o número dil, contando a lotería de Queipo de Llano de Sevilla non saiu premiado. Sumando ben, si xogase, de certo, irían aló uns dous mil pesos. Comezaron a sairlle ó Pardo reintegros e pequenos premios, pro non se aventuraba a mercar, de medo a que se lle irritase a lúa, e fora quedarse il, por súpeto, sin o premio gordo. Un ano acertou, teóricamente, a centea do gordo de Reises. Non dormía. Veuse pra Mondoñedo. Trouxo da casa touciño i unha fogada de pan, bastimentos que gardou na barbería do Pallarego. Mandaba buscar o viño a “El Rancho Grande”. Estudaba as estrelas, e mollando na boca o lápiz tinta, tanto que tinguía o ouro dos dentes, faguía números mañán e serán. Chegou o día do sorteo, e nin reintegro tivo. Eu estaba presente namentres miraba a lista. Léuna toda en alto.
Cadróu o sorteo co menguante, dixo tranquilo. Ise foi todo o equívoco.
Colleu o paraugas e foise. Deixou na barbería máis de dúas libras de touciño i a fogaza de mouro centeo cáseque enteira, que coa inquedanza da “pomposa” nin poidera comer. Non o volvín ver. Ás vegadas preguntáballe por il a un sobriño de seu. (…) Estas San Lucas pasdas preguntéi polo vello compoñedor, e díxome que se metera nun saco cheo de frol de toxo e de salvado de centeo por curarse unha fraqueza que se lle puxera no estómago.
-¿Segue apontando números de lotería?
-Non. Agora bota contas do día en que lle toca morrer.
-¿Fáltalle moito?
-Non o dice. Soio comenta que vai algo retrasado.


Contracorriente

ahora mismo